Os militares retíranse dos postos fronteirizos con Portugal tras case dous meses

A Brilat colabora coa Garda Civil no control da fronteira de Pontevedra con Portugal.. BRILAT

As Forzas Armadas retiraron o seu apoio á Policía Nacional e a Garda Civil na vixilancia dos postos fronteirizos de España con Francia e Portugal, como no caso de Galicia, aínda que manteñen a súa presenza nos valos de Ceuta e Melilla, así como na vixilancia de infraestruturas críticas e a seguridade dalgunhas centrais nucleares.

A ‘Operación Balmis’ de loita contra o coronavirus incluíu a colaboración dos militares coas forzas de seguridade para aliviar o traballo de Policía e Garda Civil e que os seus axentes puidesen dedicarse a outras tarefas que axudasen a evitar a propagación da pandemia.

Unha destes labores de colaboración foi a vixilancia das fronteiras para controlar que o tránsito de persoas cumprise coas disposicións do estado de alarma. Esta colaboración tivo lugar en numerosos postos fronteirizos de Pireneos na fronteira con Francia ou de localidades de Galicia, Castela e León e Estremadura lindeiras con Portugal.

O Ministerio de Defensa informou este luns de que ese apoio foi xa retirado a petición do Ministerio do Interior. Pero si se mantén a presenza de militares nas fronteiras de Ceuta e Melilla e seguen colaborando coas Forzas e Corpos de Seguridade na vixilancia doutras infraestruturas críticas.

O cesamento desta función súmase a outras tantas actividades que as Forzas Armadas deixaron de asumir progresivamente durante as últimas semanas como consecuencia do descenso do número de contagios de Covid-19.

1 COMENTARIO

  1. Grazas á colaboración dos militares Policia Nacional, Garda Civil e Policia Local tiveron tempo abondo para encher de MULTAS o país enteiro (900.000 denuncias) que administrarán os Delegados do Goberno mentras seguimos baixo Estado de Alarma ata finais de xuño (110 días) ?

    Non sei se lle dar as grazas (?) Por certo que hoxe luns día 11 en Vigo non se repartiron as famosas mascarillas do alcalde, nin ás portas dos mercados nin nas paradas do Vitrasa, nin siquera en Protección Civil estaba ninguén ás 12 da mañán… E xa por último pregunteille a unha patrulla da Policia Local (092) e dixeronme que eles non sabía nada do tema !

    Seguimos baixo Estado de Alarma pero aquí nin dios sabe de que vai o tema !
    As multas deben sen o único obxectivo claro en todo este NEGOCIO da Pandemia !

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here