A área sanitaria de Vigo suma once casos activos máis, ata chegar aos 754

A DomusVi Barreiro é un dos principais focos galegos, con 30 maiores contaxiados.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo

A área sanitaria de Vigo rexistra este sábado 9 de maio un total de 754 casos activos, o que supón un aumento de once respecto dos contabilizados onte.

Ademais, a residencia DomusVi Barreiro é actualmente un dos principais focos da COVID-19, cunha trintena de positivos entre os seus maiores.

En Galicia, a cifra de positivos en activo ascende ata as 2.758 persoas, con 591 falecidos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here