InicioSociedadeDeteñen un home por violencia de xénero no Porriño

Deteñen un home por violencia de xénero no Porriño

Trátase do segundo caso na localidade durante o estado de alarma.

PUBLICADO O

Axentes da Policía Local do Porriño detiveron nas últimas horas a un mozo, J.C.S.R., como suposto autor dun delito de violencia de xénero. Trátase do segundo detido por este motivo na localidade porriñesa durante o estado de alarma.

Segundo informaron fontes municipais, os feitos tiveron lugar na noite do martes, cando a Policía recibiu unha chamada que alertaba sobre unha pelexa entre dous mozos. O demandante do servizo era un familiar da vítima, e activouse o protocolo ‘Viogen’.

Unha vez no domicilio, e tras entrevistarse coa vítima e o suposto agresor, os axentes procederon á detención de J.C.S.R., mentres que se prestou asistencia á muller.

Esta é a segunda detención por un caso de violencia xénero no Porriño desde que decretou o estado de alarma, despois do arresto, o pasao 22 de abril, doutro veciño. Naquel caso, foi a propia muller a que alertou á Policía tras ter unha discusión coa súa parella.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...