InicioSociedadeAs entidades locales menores galegas quedan eximidas das prohibicións das franxas horarias...

As entidades locales menores galegas quedan eximidas das prohibicións das franxas horarias por concello

PUBLICADO O

Máis de 200 concellos estarían eximidos de cumprir franxas horarias durante a desescalada. Así, e textualmente, o que di o punto 2 do artigo 5 da Orde é que “as franxas horarias previstas neste artigo non serán de aplicación a aqueles municipios e entes de ámbito territorial inferior ao municipio que administren núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes, nos que a práctica das actividades permitidas por esta orde se poderá levar a cabo entre as 6:00 horas e as 23:00 horas”.

Isto significaría que tanto os municipios menores de 5.000 habitantes como aqueles que administran núcleos de poboación separados cunha poboación igual ou inferior a 5.000 habitantes non entran dentro da restrición horaria.

Entidades locales menores como Bembrive (Vigo) ou Chenlo (Porriño), Vilasobroso (Mondariz), Arcos Da Condesa (Caldas de Reis), Camposancos (A Guarda), Pazos de Reis (Tui), Queimadelos (Mondariz) estarían fóra das restricións horarias ao non contaren con ningún núcleo de poboación superior ás 5.000 persoas, de modo que a súa veciñanza podería pasear a calquera hora do día.

En Galicia son moi poucos os núcleos con máis de 5.000 persoas censadas, pero si hai un número moi elevado de concellos cun censo superior a 5.000 persoas, uns 114 concellos, dos 314 que ten Galicia.

De todos xeitos, a maioría dos medios de comunicación, interpretan a Orde do ministerio no sentido de que a restrición afecta a todos municipios con máis de 5.000 persoas en total.

ÚLTIMAS

O TSXG confirma a condena a comuneiros de Cabral, que deben reverter as obras dun parking en Peinador

OO Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou o fallo do Xulgado do Contencioso-Administrativo número...

O BNG de Vigo denuncia a falta de auga potable no IES de Beade, e goberno local e Xunta cúlpanse mutuamente

O grupo municipal do BNG en Vigo denunciou este luns que o IES de...

A Deputación envía ao Concello o convenio para a bancada de Gol, que podería asinarse “esta semana”

A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de...

A taxa de criminalidade increméntase no primeiro trimestre un 5,3% en Vigo

A taxa de criminalidade creceu un 16,4% no primeiro trimestre deste ano na cidade...