InicioSociedadeA CUT propón en Vigo unha caravana de coches o 1 de...

A CUT propón en Vigo unha caravana de coches o 1 de maio, que o Goberno prohibe

A Subdelegación do Goberno respondeu ao sindicato que esta mobilización non está permitida no actual estado de alarma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A CUT fixo un chamamento a facer unha caravana de coches para percorrer as principais rúas de Vigo –con saída ás 11,00 horas da Praza de España– con motivo do 1 de maio. Con todo, a Subdelegación do Goberno respondeu ao sindicato que esta mobilización non está permitida no actual estado de alarma.

A CUT recorreu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia esta decisión de “prohibir tácitamente” a caravana, xa que entende que o estado de alarma “non pode suspender o dereito de manifestación”.

A central explica que recorrer a esta medida “extrema” obedece á necesidade de “conxugar o dereito de manifestación coa adopción de medidas extremas” para evitar o risco sanitario. Entre outras cuestións, contémplase levar luvas nos coches e non poder saír do vehículo.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...