InicioSociedadeEntrou Galicia na fase de descenso da pandemia? Os datos contradín ao...

Entrou Galicia na fase de descenso da pandemia? Os datos contradín ao conselleiro de sanidade

Galicia sitúase entre as comunidades cun indice de letalidade máis baixo logo de Ceuta e Melilla.

PUBLICADO O

Os casos positivos de COVID-19 en Galicia aumentaron en 225 este mércores con respecto ao martes, mentres que as persoas en UCI reducíronse a 96, cinco menos que a xornada anterior, e as persoas falecidas aumentaron a 475.

Estes foron os datos facilitados polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na súa comparecencia no Parlamento galego para informar sobre a evolución da crise sanitaria. “Hoxe consideramos que entramos en fase de descenso da onda da pandemia“, subliñou.

Os datos son esperanzadores, pero as gráficas non amosan de momento ese descenso que sinala o titular de sanidade.

As gráficas apuntan a que Galicia atoparíase máis ben na fase de aplanamento da curva mentras sega habendo un incremento de casos positivos activos, según os propios datos do SERGAS.

Almuiña sinalou que hai 6.641 casos de infectados na Comunidade galega, o que supón 225 máis que o martes; 96 pacientes en UCI e rexistráronse 1.625 altas hospitalarias, mentres que 475 persoas faleceron co virus –368 delas en hospitais–.

Letalidade do virus

O titular de Sanidade situou a taxa de letalidade sobre o total de contaxios en Galicia no 4,13%, sinalando que “é a menor de España” cunha media do 10,4%.

O dato precisado por Almuiña non sería correcto, xa que según os últimos datos facilitados pola propia Consellería de Sanidade a tasa de letalidade en Galicia situaríase no 5,5% un 1,13% máis que o día de onte. O que sería certo é que Galicia sitúase na actualidade entre as comunidades cun indice de letalidade máis baixo logo de Ceuta e Melilla.

As tasas de letalidade contabilizadas en España son tasas de letalidade crúas “CFR”, porque realmente non se analizan por COVID19 os falecementos de persoas que foran asintomáticas.

ÚLTIMAS

Absolto un veciño de Vigo do delito de administración desleal pola venda dunha leira

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...