InicioSociedadeA UVigo afirma que a folga de estudantes "non cumpre os requisitos...

A UVigo afirma que a folga de estudantes “non cumpre os requisitos dun paro” e mantén a actividade docente

O reitor mostrouse disposto a manter unha reunión telemática con representantes de Anega.

PUBLICADO O

O reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, rexeitou a folga indefinida convocada pola organización de estudantes Anega ao asegurar que “non cumpre os requisitos dun paro académico”, polo que sinalou que se manteñen o calendario de exames e a actividade docente.

Segundo trasladou a universidade, Reigosa incidiu en que esta convocatoria, que asegura que se notificou o pasado venres, non respecta a normativa recollida nos estatutos da UVigo, nos que se require un aviso con 15 días de antelación. Tamén apuntou que se esixe unha decisión maioritaria do alumnado adoptada nun centro ou na institución para que se poida recoñecer un paro.

Neste sentido, o reitor explicou que, dado que a convocatoria de Anega, cuxa legalidade insistiu en que non cuestiona, non cumpre os requisitos sinalados, mantívose a actividade docente. Con todo, afirmou que esta última si se suspende “cando nun centro ou en toda a universidade a maioría do alumnado decide secundar un paro académico”.

Ademais, ante a posición da organización, que defende a finalización do curso cun aprobado xeral que non compute para a media, Manuel Reigosa avogou por que as clases e os exames se realicen nas datas previstas, así como que a avaliación leve a cabo “con equidade e cos medios adecuados”.

Aínda que insistiu en que “a resposta da comunidade universitaria é bastante coincidente con esta proposta”, mostrouse disposto a manter unha reunión telemática con representantes de Anega. Neste sentido, lembrou que se celebraron máis dunha decena de encontros con colectivos estudantís e que “en ningún (…) se expuxo unha proposta de aprobado xeral”.

En concreto, o reitor detallou que tivo lugar unha reunión co Consello de Estudantes da Universidade de Vigo (CEUVI), co que se acordou levar ao consello de goberno a suspensión temporal de parte da normativa de permanencia”, así como con outras organizacións e asociacións estudantís “que recoñeceron non recibir ningunha solicitude por parte de ALAGA”.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...