A área de Vigo é a segunda en falecidos por coronavirus

As mortes de anciáns ingresados en residencias afectan ás instalacións de Moledo, Barreiro e Nosa Señora da Esperanza.

Ambulancia na residencia de tempo libre de Patos © Miguel nuñez

Dentro da área sanitaria de Vigo houbo 63 mortes por coronavirus. Noutras áreas faleceron 95 persoas en hospitais da área sanitaria da Coruña, houbo 60 mortes na área de Ourense, 45 falecidos na área sanitaria de Santiago, 21 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

O falecemento de 7 persoas en hospitais e outras 3 en residencias elevou a 412 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia (317 en hospitais e 95 en xeriátricos), segundo os datos que comunicou este xoves a Consellería de Sanidade.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here