Un positivo no centro de Patos desvela problemas de control a maiores por parte da Xunta

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, trasladou que os socialistas galegos están "terriblemente preocupados" porque, con "máis de mil persoas maiores contaxiadas en residencias" .

Chegada dun ancian aresidencia de tempo libre de Patos panxon © Miguel nuñez

Un dos usuarios que permanecía ingresado na residencia de tempo libre de Patos (Nigrán) deu positivo en coronavirus. Isto supón un grave problema para a Xunta, xa que se supón que errou o sistema de control xa que a esta residencia ían ser trasladado só os maiores que non deran positivos nos grandes focos de contaxio das DomusVi Aldán,en Cangas, e DomusVi Barreiro, en Vigo.

Tras confirmarse este positivo a Xunta terá que realizar novas probas aos 20 internos que xa foran trasladados alí e tamén ao persoal. Este usuario comezou a presentar problemas de tipo respiratorio a pasada semana, segundo informan a Xornal de Vigo fontes consultadas e foi este luns cando se lle fixo unha nova proba e foi illado.

Ata o momento descoñecese o motivo do contaxio. Traballadores consultados sinalan que non se sabe se se puido contaxiar non propio centro de Patos a través dunha terceira persoa ou que xa viña contaxiado da súa residencia de orixe e a Xunta non o detectou.

Con todo, este caso pode supoñer un gran problema para a política de contención da Xunta en relación ás residencias de maiores xa que con este positivo demostrase que non está resultando efectivo o illamento establecido en torno aos principais focos de contaxio.

Corina Porro durante o traslado dos anciáns á residencia Tempo Libre de Patos (Nigrán) © Miguel Nuñez
Corina Porro durante o traslado dos anciáns á residencia Tempo Libre de Patos (Nigrán) © Miguel Nuñez

Xornal de Vigo púxose en contacto con Política Social que confirma este caso e suliña que se están realizando novas probas a todo o persoal e usuarios. A pasada semana Corina Porro asistía á chegada dos primeiros residentes a este centro da Xunta, un feito que provocou numerosas críticas de familiares e grupos políticos.

PSdeG PIDE EXPLICACIÓNS A FEIJÓO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, esixiu este martes a comparecencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento, para explicar “que pasa nas residencias de maiores” e “que fallou” para que unha anciá trasladada á residencia de Nigrán (habilitada para maiores sans e libres do coronavirus) dese positivo en COVID unha vez que xa estaba alí reacollida.

A través dun comunicado, o líder do PSdeG trasladou que os socialistas galegos están “terriblemente preocupados” porque, con “máis de mil persoas maiores contaxiadas en residencias” e con varios casos de “contagios masivos”, “agora os positivos aparecen ata en centros dispostos para os maiores sans”.

Por iso, Gonzalo Caballero afirmou que Núñez Feijóo “ten que comparecer” e explicar “que está a facer a Xunta” e “que fallou”, e para pór en marcha as medidas que sexan necesarias para “garantir a saúde” das persoas maiores.

Non pode ser que haxa un contaxio nun centro creado para salvar dos contagios ás persoas maiores que están sas“, recalcou Caballero, quen esixiu aclarar os “erros” que puidese cometer o goberno galego nas súas decisións.

Finalmente, o secretario xeral do PSdeG criticou que o presidente galego “non dubidou en pór á delegada da Xunta a recibir aos maiores que ingresaban nesa residencia” de Nigrán, en alusión a Corina Porro, e engadiu que “agora ten que dar explicacións” e aclarar as medidas que se adoptarán para protexer a saúde deses maiores.

1 COMENTARIO

  1. e pronto serán mais están traendo dende Madrid CAMIONS cheos de cadáveres de infectados para ser queimados na Galiza poden investigar quen esta autorizando o despropósito e si e o gobernó do pe$oume e do podremios…. non son acaso xornalistas??? DIN QUE MADRID ESTA MOI PODRE… moi cheo de mortos que os cadaleitos chegan o teito no palacio de xeo de mandriles!!!!!!

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here