InicioSociedadeUn total de 14 sanitarios viven na residencia da canteira do Celta...

Un total de 14 sanitarios viven na residencia da canteira do Celta para evitar contaxiar a familiares

Os profesionais sanitarios que traballan na área Sanitaria de Vigo xa pode optar por aloxarse de forma gratuíta nun hotel da cidade e así evitar volver ás súas casas e reducir o risco de contaxiar aos seus familiares.

PUBLICADO O

Os profesionais sanitarios que traballan na área Sanitaria de Vigo xa pode optar por aloxarse de forma gratuíta nun hotel da cidade e así evitar volver ás súas casas e reducir o risco de contaxiar aos seus familiares.

De momento son 14 os traballadores que se acolleron a esta iniciativa posta en marcha por este departamento do Servizo Galego de Saúde, segundo informou a propia área sanitaria este sábado nun comunicado. A idea é que os profesionais non volvan ás súas casas tras a súa quenda laboral e poidan durmir nos aloxamentos que estableceu o Goberno galego para este fin, o Eurostars Mar de Vigo.

Esta opción foi a elixida polas 14 persoas que, ata agora, o solicitaron Todos son médicos e médicas, profesionais da enfermaría e Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría (TCAEs).

REDUCIR A “CARGA EMOCIONAL”

Eles permanecerán alí sen “limitación temporal” mentres dure o estado de alarma, ata o 26 de abril. Así se pretende “reducir a carga emocional” daqueles que traballan en primeira liña de loita contra a COVID-19, que “están máis expostos” e soportan “unha presión superior” ao convivir con persoas ás que poden contaxiar.

Para o mesmo fin, a área de Vigo asinou un acordo de colaboración co Real Club Celta de Vigo polo que esta entidade cede as súas instalacións da residencia da canteira, con 12 habitacións, para máis profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...