InicioSociedadeDesembarcan en Vigo o tripulante dun pesqueiro por sospeita de contaxio

Desembarcan en Vigo o tripulante dun pesqueiro por sospeita de contaxio

O barco atopábase faenando na zona dos Azores cando este tripulante empezou a ter febre e outros síntomas.

PUBLICADO O

Un tripulante do espadero ‘Ribel Tercero’ foi trasladado a Vigo tras presentar síntomas do contaxio por COVID-19. O home foi recollido polo buque-hospital ‘Esperanza del Mar’ e desembarcado na mañá deste venres na cidade olívica, onde foi atendido por efectivos sanitarios para o seu transporte cara ao centro hospitalario.

O ‘Ribel Tercero’ atopábase faenando na zona dos Azores, cando este tripulante empezou a ter febre e síntomas que levantaron a sospeita de que se tratase dun caso de coronavirus.

Ao ver que os síntomas se agravaban, desde o pesqueiro contactouse co ‘Juan de la Cosa’, e seguiuse o protocolo de actuación ante a posibilidade de contaxio, recomendando a súa evacuación a terra firme.

O ‘Esperanza del Mar’, que se atopaba pola zona, dirixiuse ao encontro do pesqueiro e partiu rumbo a Vigo co tripulando a bordo, onde chegou sobre as 09,50 horas deste venres.

De momento descoñécese se está relacionado co coronavirus ou se se trata doutra doenza, pero as fontes consultadas por Europa Press aseguraron que se seguirá o protocolo de forma estrita no caso de que se confirme.

O ‘Ribel Tercero’, o espadeiro no que se atopaba este tripulante, ten prevista a súa chegada a porto este mesmo sábado.

ÚLTIMAS

Vigo rexistra as máximas choivas de España nunha semana na que os encoros galegos seguen ao 88%

A reserva dos encoros galegos mantense no 87,6%, cun total de 3.253 hectómetros cúbicos,...

Luz verde do Consello de Ministros á modificación que permite a conexión de moi alta tensión para Stellantis Vigo

O Consello de Ministros aprobou este martes a modificación puntual ao Plan de Desenvolvemento...

O BNG pide grupos e artistas locais en Castrelos, tamén como teloneiros, no canto do “autobombo” do alcalde

O grupo municipal do BNG en Vigo volveu a pedir un ano máis que o Concello...

A CIG denuncia que Constellium Automotive está “a vulnerar o dereito á folga” ao contratar persoal externo

O sindicato CIG denunciou este martes que a dirección de Constellium Automotive, auxiliar de...