InicioSociedadeFamiliares de maiores: “Non sabemos nada da nosa xente. A algúns non...

Familiares de maiores: “Non sabemos nada da nosa xente. A algúns non nos collen desde hai tres días”

PUBLICADO O

A Federación REDE composta por asociacións de usuarios e familiares de usuarios de residencias e dependencia denuncian a situación que se está a producir nas residencias do grupo DOMUS VI en relación co trato que reciben os familiares dos contaxiados nas suas residencias.

Así, critican que algúns deles levan días sen saber dos seus parentes. Particularmente nas de Aldán e Cangas, que se converteron na zona cero da pandemia en Galicia. Actualmente son 7 os falecidos e mais de 100 contaxiados e 17 traballadoras en Aldán e 72 contaxiados e 11 traballadoras en Barreiro con 6 falecidos. “A día de hoxe hai xente que sabe que o seu familiar é positivo e ninguén comunicou con eles dende hai tres dias”, din nun comunicado.

Os familiares, ven como o numero de mortos crece cada día creando unha situación de angustia que, din, “supón un maltrato adicional absolutamente innecesario ao sufrimento de saber que o teu familiar ten unha enfermidade grave e que pode ser mortal”. Ademais, bótanlle en cara á Administración galega non poder acompañalos neses momentos.

“Algúns familiares se lles comunica a situación do residente pero raramente a todos, e a algúns non se lles colle o telefono nin se lles chama dende hai 3 días”, denuncian. Por iso, a Federación REDE está recibindo ducias de chamadas cada día de familiares que piden a súa axuda para romper un bloqueo informativo “tan doloroso como fácil de resolver”,

SEN CHAMADAS

Neste sentido, aseguran que DomusVi alega que o persoal está desbordado e non pode facer chamadas, que as súas liñas están colapsadas e iso é por “non querer contratar máis persoal”. “Que esa empresa que presume de gañar 800 millóns ao ano, faga unha chamada a unha compañía telefónica e mañá ten en cada residencia montada unha centralita para atender a familiares”, din ao tempo que piden a persoas con formación en psicoloxía para atender aos familiares.

“Sabemos que a día de hoxe e a pesar do reforzo con persoal sanitario de Povisa sigue sendo escaso o persoal de limpeza e que tan so hai duas auxiliares para dar de cear nas súas habitacións a 150 residentes. É inhumano o trato que esta empresa dispensa as súas vítimas por aforrar uns euros”, conclúen.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...