InicioSociedadeXiana, a terceira bebé galega que nace san coa nai está infectada...

Xiana, a terceira bebé galega que nace san coa nai está infectada por COVID-19

PUBLICADO O

O hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi escenario do terceiro nacemento dun bebé galego san, cuxa nai está infectada por coronavirus: trátase dunha nena, nacida por cesárea na semana 34 de xestación, e que está libre do COVID-19.

Segundo informaron fontes sanitarias, a nai chegou ao hospital o pasado domingo, con síntomas respiratorios, e foi sometida á proba do coronavirus, que deu positivo. Á muller practicóuselle unha cesárea de urxencia, e o seu bebé, unha nena chamada Xiana, naceu sen o virus.

Nai e filla atópanse ingresadas no hospital, aínda que separadas, xa que a muller permanece nunha unidade de illamento para pacientes con COVID, e a pequena está no servizo de Neonatoloxía, ao tratarse dun bebé prematuro.

Xiana é a terceira galega que nace sa dunha nai infectada por coronavirus. Os dous primeiros bebés que naceron nesas circunstancias tamén o fixeron no Álvaro Cunqueiro de Vigo: o primeiro foi Fabio, que naceu o 17 de marzo, e o segundo foi Lucas, nacido o 19 de marzo. Como no caso de Xiana, estes dous bebés naceron por cesárea, semanas antes do termo da xestación, polo que están ingresados.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...