InicioSociedade“Non poder facer o velorio é algo duro para as familias porque...

“Non poder facer o velorio é algo duro para as familias porque non poden ver ao seu ser querido”

O sector funerario tivo que adaptarse tamén ás novas medidas do Goberno contra o coronavirus. Se xa antes as medidas hixiénicosanitarias eran moi esixentes, agora acabouse por eliminar o velorio e así, “xa non hai ese contacto cercano” entre os familiares e a persoa defunta.

PUBLICADO O

A morte dun familiar durante os días da corentena contra o coronavirus está sendo menos levadeira do que xa era. As novas restriccións afectan tamén aos tradicionais velorios quedando prohibidos polo menos ata a finalización da corentena.

Á parte dos familiares, os e as profesionais das empresas de pompas fúnebres ou funerarias, están vendo como o seu traballo diario tamén sufre alteracións durante estes días. “Estanos afectando, si, porque pasamos malos momentos coas familias” din desde a Funeraria Apóstol. “Non poder facer o velorio é algo duro de levar para as familias porque non poden ver ao seu ser querido”.

A afectación aos e ás profesionais das pompas fúnebres vén motivado sobre todo, por ser eles quen transmiten a información aos familiares de que non poden asistir ao tanatorio. “Hai que afrontalo con profesionalidade, explicándolle á familia a situación” din da funeraria. “Debemos explicarlle que temos a obriga de cumprir cunhas leis estrictas, que non pode haber excepcións”.

Podes ler a reportaxe completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

Piden seis anos para un acusado por tocamentos a unha menor en Vigo

Un home que foi xulgado este xoves na sección quinta da Audiencia Provincial de...