InicioSociedadeFala un anciá de DomusVI Barreiro: “Aquí os dereitos chegan ata onde...

Fala un anciá de DomusVI Barreiro: “Aquí os dereitos chegan ata onde chegan”

Os maiores non contaxiados de Vigo e Cangas están sendo trasladados a Panxón de xeito rápido.

PUBLICADO O

Ten 76 anos, a saúde xa non é a que era, pero, afortunadamente, non está contaxiada co COVID-19. Poñamos que se chama Maruxa para manter o seu anonimato e evitar posibles represalias. Está na DomusVI Barreiro, en Vigo, un dos focos de contaxio máis importantes deste tipo de centros en Galicia. Dos 150 usuarios, máis da metade están contaxiados.

Maruxa leva días sen saber moi ben o que pasa. Sabe que hai un gran problema na residencia e leva semanas illada e que algúns dos seus compañeiros están contaxiados. Non sabe se, entre eles están os sete falecidos xa confirmados. Ninguén lle comenta case nada. Ata hoxe, que ás tres da trade dixéronlle que collera todas as cousas rápido que a ían cambiar de residencia ás catro. Que ía ir a un centro a Patos, en Panxón.

“Teño un montón de cousas e non sei como levalas. Eu necesito xente que me axude e non me avisaron antes. Díxome -a directora– que as nenas están todas ocupadas”, laiase. “Estoume agachando e tirando con todo porque estou nerviosa e non sei que vai ser da miña vida”, comenta asustada. “Vanme quedar moitas cousas aquí porque no bolso non me cabe máis e é todo correr, correr e correr e así non se poden facer as cousas”, engade.

“PUÑETEIRA RESIDENCIA”

Maruxa, como o resto dos internos sans dese centro van ser trasladados a Panxón, xa que a DomusVI Barreiro foi intervida xa pola Xunta para convertela nun centro de referencia onde trasladar a outros maiores contaxiados.

Esta puñeteira residencia é o peor que hai no mundo. Son unhas caraduras. Dixéronnos que tiñamos que marchar porque se quedabamos, acabariamos contaxiados todos. Díxomo á cara. Aquí os dereitos chegan ata onde chegan… Ven a outra –a directora– e bárreos”, queixase.

Con todo, Maruxa non está soa. A pesar de que certas persoas da dirección sexan dura con ela, hai persoal que segue mimando aos maiores “Menos mal que hai uns mozos que traen a merenda que son moi bos. Vou falar con eles a ver se me axudan un pouco coas cousas”, di.

Desde a Xunta din que é a mellor opción. “Haberá opinións para todos os gustos. Trasladar aos sans é unha decisión dá autoridade sanitaria en función dous criterios médico, porque os médicos entenden que é a mellor fórmula para evitar contaxios”, din en declaracións a Xornal de Vigo.

Como elas, outros internos sans de Vigo e Cangas serán trasladados a Panxón. O obxectivo é mantelos illados e evitar que se contaxien. Hoxe por hoxe, as residencias galegas están sendo o principal foco de contaxio e morte en Galicia.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...