InicioSociedadeMentras Madríd paraliza o seu uso, a Deputación de Pontevedra apoia aos...

Mentras Madríd paraliza o seu uso, a Deputación de Pontevedra apoia aos “obradores 3D” de material sanitario

PUBLICADO O

Logo confusión xerada pola presidenta da Comunidade de Madrid no día onte ao anunciar públicamente a imposibilidade do uso das viseiras protectoras feitas en 3D pola comunidade de covidmakers, aludindo a unha suposta paralización por parte da Axencia Española do Medicamento que non homologaba o seu uso sanitario, o ministerio de Sanidade tivo que sair ao paso desmentindo a Ayuso e negando que impediran o seu uso dado que non son un medicamento.

A Deputación súmase

Neste sentido puso en marcha “Covid Makers SmartPeme”. Trátase dunha plataforma de apoio aos voluntarios e voluntarias adicados á impresión de material preciso para combater o COVID19, consistente na difusión dos diferentes proxectos en marcha e na prestación de asesoramento para a realización de material sanitario e preventivo.

A platafora SmartPeme xa está difundir na súa newsletter, á que están subscritas máis de 5.000 persoas, enlaces a diferentes iniciativas como empresas privadas que proporcionan material, modelos e recollida das pezas fabricadas, plataformas “open source” con modelos para impresión e comunidades “makers” galegas con iniciativas en marcha.

Do mesmo xeito, tamén publica nas súas redes sociais o material creado polas empresas do servizo para xerar sinerxias, a donación de material, subministro do material fabricado e noticias relacionadas. A través deste modelo de difusión SmartPeme quere chegar ao máximo de persoas interesadas en sumarse a esta iniciativa.

Por outra banda, o asesor do Centro Provincial de Economía Dixital, CPED, situado no Viveiro de Empresas do polígono de Barro, púxose á disposición de todas e todos os “obradores” da provincia para calquera consulta relacionada coa fabricación de equipos de protección sanitarios.

Pretenden resólver dúbidas, por exemplo, sobre as diferentes iniciativas postas en marcha, a descarga de arquivos, a laminación das pezas ou cos problemas de impresión que poidan xurdir.

O asesor axudará así a desenvolver estes produtos a fin de conseguir o maior material posible para a protección do persoal sanitario da provincia de Pontevedra.

Quen o desexe pode poñerse en contacto a través do correo electrónico barromeis.smartpeme@depo.es, ou no teléfono 886 202 020

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...