InicioSociedadeDestapados perfís falsos en Twitter adicados a transmitir alarma social polo coronavirus

Destapados perfís falsos en Twitter adicados a transmitir alarma social polo coronavirus

PUBLICADO O

- Advertisement -

Varias usuarias e usuarios de Twitter destaparon no día de onte, o que apuntaba a unha publicación masiva viral de mensaxes replicados para crear confusión acerca da pandemia do coronavirus en España.

A mensaxe estaba replicada en medio centenar de perfís na rede social de Twitter, incluso repetindo un erro de escritura como o dobre espaciado de separación entre comas ‘ , ‘ e os mesmos iconos (emoji) ao final da frase.

Os que o dan todo polo coronavirus
Os que o dan todo polo coronavirus

As mensaxes foron rápidamente detectadas por varios usuarios como Ruth Carrasco @rutenca e a sua difusión non foi viral, deixando tras de sí moitos perfís en evidencia pola súa intencionalidade.

Nin enfermeiros, nin médicos nin persoal sanitario, perfís creados soamente para modificar estados de ánimo, difundir noticias falsas, ou modular opinións co fin dun rédito, normalmente político ou ideolóxico.

As granxas de bots

Este tipo de estratexias tóxicas quedaron ao descuberto en varias ocasións; acontecendo tamén nas últimas eleccións estatais de 2019, no que centos de perfís en Twitter que pretendían modular a opinión nos debates en rede a favor do candidato Pablo Casado e en contra do entón presidente en funcións Pedro Sánchez en 2019.

Así o equipo de investigación independente de Heuristica, formado por investigadores da Universidad de Barcelona e a Universitat Oberta de Catalunya, destaparon o entramado, establecendo unha conexión directa de cando menos 18 das contas falsas con David Díez Nieto , traballador do equipo de redes sociais do PP de A Coruña, e con José López Puy , militante de Novas Xeracións.

ÚLTIMAS

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Vigo declara deserta a licitación do mercadillo de Nadal

O Concello de Vigo declarou "deserta" a licitación para a instalación do mercadillo do...

Concello e UVigo asinan un convenio para traballar na candidatura das Cíes a Xeoparque da Unesco

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, asinaron...