InicioSociedadeUnha funcionaria xudicial de Vigo dá positivo en COVID-19

Unha funcionaria xudicial de Vigo dá positivo en COVID-19

A oficina na que exercía esta funcionaria está fóra do edificio dos xulgados, xa que se sitúa nas antigas dependencias do xulgado de preferentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha funcionaria do xulgado do Social de Vigo deu positivo por coronavirus, segundo informou este domingo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que sinala que as dependencias onde exerce a traballadora foron hixienizadas antes de confirmarse o positivo.

A oficina na que exercía esta funcionaria está fóra do edificio dos xulgados, xa que se sitúa nas antigas dependencias do xulgado de preferentes.

A empregada pública atópase de baixa desde antes da declaración do Estado de Alarma. O TSXG informa que o caso foi comunicado cando aínda non estaba confirmado ao xuíz decano de Vigo, Germán Serrano.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...