InicioSociedadeA Xunta traerá a unha das residencias de Vigo con máis casos...

A Xunta traerá a unha das residencias de Vigo con máis casos de Galicia a outros maiores contaxiados

PUBLICADO O

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou que a Xunta creará novas “residencias integradas”, onde concentrar aos maiores contaxiados. Así, e tras as de Baño de Molgas e Santiago, convertirá a DomusVI Barreiro de Vigo, a de máis contaxios de Galicia nun destes centros. Actualmente hai 39 maiores contaxiados e sete traballadores.

Sobre a incidencia do COVID-19 entre os usuarios de residencias de maiores, un dos puntos quentes da pandemia en toda España –con case 150 afectados en Galicia, segundo as últimas cifras da Consellería de Política Social–, Vázquez Almuiña garantiu que Sanidade “está a visitar todos” estes centros e marcando a este colectivo como “prioritario” na realización de test.

Ante o previsible crecemento dos contaxios en asilos, o conselleiro confirmou que se estuda a residencia privada DomusVi Barreiro, en Vigo, como a terceira “residencia integrada” de Galicia. Iso si, matizou que os que sexan destinados a estes centros serán residentes doutros centros que contraeron o virus “pero que non teñen síntomas importantes”, porque de ser así “loxicamente estarían ingresados nun hospital”.

Ademais, recoñeceu que a dotación de máis residencias integradas “está sobre a mesa” e que “algunha outra cidade podería ter tamén este recurso”. Iso si, “a día de hoxe”, coas tres xa mencionadas, “podería ser suficiente”.

Sobre traballadores de centros de maiores con coronavirus, dixo que unha solución “valorable” se son “asintomáticos” é o propio illamento cos pacientes positivos, “porque evidentemente entre eles non hai ningún risco de contaxio”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...