A Xunta trasladará pacientes ao Meixoeiro ante o aumento de afectados polo COVID-19 no Cunqueiro

Vista aérea do hospital Meixoeiro, en Vigo.. SERGAS - Arquivo

O Sergas trasladará ao hospital vigués Meixoeiro a varios pacientes de traumatoloxía que están ingresados no Álvaro Cunqueiro, para aumentar a capacidade de hospitalización deste centro con respecto a posibles afectados por coronavirus (COVID-19).

Así o confirmaron fontes de Sanidade, que explicaron que esta medida en enmarca no plan de continxencia posto en marcha para afrontar a crise sanitaria, e “en previsión dun incremento das necesidades de hospitalización” a pacientes afectados por este virus.

Deste xeito, “de forma preventiva e anticipándose ás necesidades”, liberaranse dúas unidades de hospitalización de Traumatoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro (as ‘velas’ 2A e 2B), e trasladarase aos 32 pacientes que estaban alí á planta de Traumatoloxía do Meixoeiro.

O cambio de hospital dalgúns deses ingresados xa comezou este xoves e este venres completarase o traslado do resto, segundo informaron fontes sanitarias.