InicioSociedadeO Chuvi recibe unha doazón de 36.000 pares de luvas cedidas por...

O Chuvi recibe unha doazón de 36.000 pares de luvas cedidas por particulares e empresas

A Policía Nacional da cidade olívica levou adiante a tarefa de entregar este material ao centro hospitalario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da cidade olívica entregou ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) 36.000 pares de luvas doadas por particulares e empresas .

Nun comunicado, o corpo de seguridade explicou que este material foi depositado durante os últimos días en Comisaría para colaborar cos profesionais que tratan ás persoas con coronavirus.

Deste xeito, o interlocutor policial sanitario da Comisaría de Vigo e a inspectora xefa de Xestión Económica entregaron 36 caixas de pares de luvas a un traballador de Atención Primaria da área Sanitaria da urbe galega. Posteriormente, estes útiles serán distribuídos en distintos centros da zona.

Así mesmo, a Comisaría puxo en valor o traballo realizado polas persoas que “loitan contra esta pandemia” e agradeceu as mostras de solidariedade realizadas para evitar a propagación do virus.

ÚLTIMAS

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...

Vigo acende este sábado o seu Nadal con 12 millóns de luces

Vigo acenderá este sábado as luces de Nadal ás 20.00 horas baixo a árbore...

Vigo xa ten o seus orzamentos aprobados 350 millóns, co rexeitamento de PPdeG e BNG

O pleno do Concello de Vigo deu luz verde este venres á aprobación inicial...