InicioMovementos SociaisA Asociación Nós Mesmas organiza por décimo ano consecutivo as festas do...

A Asociación Nós Mesmas organiza por décimo ano consecutivo as festas do Orgullo en Vigo

PUBLICADO O

Este luns, ás 20h no Centro Cívico do Casco Vello, tivo lugar o acto de apertura do mes do Orgullo coa inauguración da exposición “10 anos Nós Mesmas, 10 anos de Orgullo(S)” e a actuación de Xa’Lum.
 
 A Asociación Nós Mesmas, colectivo feminista vigués que loita polos dereitos das mulleres lesbicas, bisexuais e transexuais, cumpre 10 anos de percorrido e reivindicación dos dereitos do colectivo LGTBI e este é o 10ª Orgullo que organizan na cidade olívica.
lgtbi nos mesmas
Discurso de apertura/ Miguel Núñez
Nós Mesmas presenta o programa do Orgullo LGTBIQ+ cun mes de duración e que xa comezou este sábado 2, cunha festa que reivindicou “a cultura Drag e a rutura co xénero”, e hoxe deron o pistoletazo de saída coa exposición “10 anos de Nós Mesmas, 10 anos de Orgullo(S)”, que fai un percorrido polo traballo de este colectivo en prol dos dereitos LGTBI así como das situacións acontecidas ou dos retos acadados.
10 anos “nos que se viviron moitos cambios e alguns avances, pero segue sendo moi necesaria a nosa acción social e legal xa que as persoas trans seguen a ser consideradas enfermas, o Goberno debe dar un paso adiante e despatoloxizar a transexualidade” afirmou Elisabet Pérez, representante do colectivo.
acto de apertura lgtbi
Nos mesmas. orgullo Lgtbi/ Miguel Nuñez
 Ademáis, recordou que “centos de menores viven a diario acoso lgtbfóbico, chegando a tal extremo que moitos só ven saída no suicidio. Debemos visibilizar a diversidade como un factor enriquecedor da sociedade e por todos os recursos necesarios para sensibilizar, detectar e actuar nestes casos”.
Hoxe ás 20h no Centro Civico do Casco Vello, na apertura do Orgullo, recordaron os retos actuais aos que se enfrentan e como superalos. Ademáis a actuación de Xa’Lum dinamizou a ocasión.
lgtbi
Cartel no acto de apertura das actividades Lgtbi /Miguel Nuñez

A programación de actividades para todo o mes inclúe unha peza de microteatro, Ciber Queer, o sábado 9 de xuño ás 21 horas no Teatro Aforo, a estra do filme “Nove de novembro” ás 20:10 do venres 15 nos Multicines Norte ou un roteiro de sendeirismo ao día seguinte por Pazos de Borbén que sairá dende A Laxe ás 12 h.

Por último, o sábado 30 celebrarase unha gran festa pola diversidade na Praza da Pedra dende as seis da tarde, e a manifestación do orgullo sairá ás 20:30 da Praza da Pedra, nunha festa que só terminará ás 3 da mañá.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...