InicioSociedadeSanitarios de ambulancias de Vigo advierten do colapso das urxencias se non...

Sanitarios de ambulancias de Vigo advierten do colapso das urxencias se non teñen material

Denuncian que a xerencia do Cunqueiro oculta información sobre os traslados que fan e non informan se son posibles casos de coronavirus.

PUBLICADO O

Os técnicos do servizo programado de ambulancia intrahospitaliaria de Vigo anuncian que se plantarán este luns se non reciben equipos de protección individuais de seguridade (EPIS). Isto podería provocar un colapso das urxencias e de todo o hospital.

Segundo fontes da CIG consultadas por Xornal de Vigo, a situación dos profesionais das ambulancias “é límite” porque están traballando, din, sen protección. Este luns quedarán xa sen EPIS e, como a xerencia do Cunqueiro non lles informa sobre a patoloxía de pacientes que trasladan, anuncian que deixarán de traballar ata que non se lle subministre material apropiado para a seguridade dos traballadores e incluso para a dos pacientes que teñen que trasladar para recibir tratamentos como a hemodiálise.

Estamos sendo enganados por parte da xerencia. Realizamos traslados interhospitalarios do Cunqueiro ao Meixoeiro ou Povisa e nos ocultan información”, apuntan desde este sindicato. Estes técnicos sanitarios de ambulancias tamén trasladan a pacientes aos seus domicilios para realizar as corentenas, “pero non saben se son positivos ou non., e nestos casos teriamos incluso que desinfectar o habitáculo para acoller ao seguinte paciente. E non se está a facer.”

“ENGÁNANOS”

O servizo de ambulancias está privatizado, polo que o persoal depende dunha empresa allea ao Sergas. “Xa non teñen material e non saben de onde sacalo”, aseguran estas fontes que lembran que eles, como o persoal que traballa en hospitais, tamén está poñendo en risco a súa saúde todos os días. “No Cunqueiro engánannos por medo a que non traslademos a persoas dadas de alta para gardar corentena porque saben que estamos sen material de protección. Non nos din a patoloxía do paciente ou, directamente, menten”, apuntan as fontes consultadas.

De producirse esta paralización, haberá un colapso no traslado de pacientes con altas ou trasalados, pero tamen os que acuden para tratamentos programados de diálise, “porque xa non podemos garantir nin a seguridade dos traballadores nin sequera dos propios pacientes con outras patoloxías” que poderían contaxiarse co propio coronavirus.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...