InicioSociedadeO reitor da UVigo pide "concienciación" despois de confirmarse dous positivos na...

O reitor da UVigo pide “concienciación” despois de confirmarse dous positivos na comunidade universitaria

A través dun comunicado publicado nas últimas horas na web da Universidade, Reigosa expresou a súa "confianza de que, máis cedo que tarde", estes afectados estarán "curados".

PUBLICADO O

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, fixo un chamamento á “concienciación” sobre a “seriedade” da situación xerada pola expansión do coronavirus, tras confirmarse os dous primeiros positivos en Covid-19 no seo da comunidade universitaria viguesa: un profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo e unha alumna de Dereito do campus de Ourense.

A través dun comunicado publicado nas últimas horas na web da Universidade, Reigosa expresou a súa “confianza de que, máis cedo que tarde”, estes afectados estarán “curados”, e pediu que estes dous casos sirvan ao resto da comunidade universitaria “para tomar conciencia do serio da situación”.

O reitor da institución académica viguesa trasladou ao resto de profesores, persoal administrativo, e alumnos que, para reverter a situación, “é imprescindible” que queden “en casa”, salvo casos realmente xustificados, e “tomando todas as precaucións aconselladas”. Ao profesor e ás alumnas afectados, transmitiulles o “agarimo” da comunidade universitaria.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...