InicioSociedadeCatro técnicos de ambulancia en corentena por non ter traxes de protección

Catro técnicos de ambulancia en corentena por non ter traxes de protección

PUBLICADO O

A FGAMT-CIG denuncia que hai catro traballadores das ambulancias de Urxencias Sanitarias-061, dúas da área sanitaria de Santiago e outros dous da de Barbanza, que están en corentena despois de trasladar nestes vehículos a pacientes “que finalmente deron positivo” en coronavirus COVID-19.

Denuncia que esta situación se debe ao “escaso número” de equipos de protección individual (EPI), o que ademais converte ás ambulancias destas dúas zonas “nun foco de infección”. De feito, un protocolo da Xunta recomendaba o uso do traxe de protección a un dos dous técnicos das ambulancias pola falta de material. Toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...