InicioSociedadeFerido un garda civil tras fuxir un vehículo nun control contra o...

Ferido un garda civil tras fuxir un vehículo nun control contra o coronavirus na fronteira de Tui – Valença

Portugal fechará a súa fronteira este luns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un garda civil resultou ferido leve nun control instalado na fronteira entre Tui-Valença para controlar o tránsito de vehículos entre os dous países no marco do Estado de Alarma decretado polo Goberno español e evitar o fluxo de viaxeiros a unha e outra banda da fronteira.

Segundo as fontes consultadas, o axente resultou ferido cando un dos condutores non parou e pasoulle coa roda por un pe. Nese momento iniciouse unha persecución que os levou xa a territorio portugués. As mesmas fontes indican que non foi precisa a hospitalización do axente.

PECHE DE FRONTEIRAS

Medios lusos dan por feito o peche de toda a fronteira portuguesa con España a partir deste luns pero só para turistas. Manterase o transporte de mercadorías e o tránsito de traballadores fronteirizos.

Así llelo trasladou o Primeiro Ministro luso, António Costa, ao presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, nunha conversa mantida entre ambos os dous.

Así, a Garda Nacional Republicana ( GNR),o Servizo de Estranxeiros e Fronteiras ( SEF) e a Dirección Xeral de Seguridade ( DGS) serán as encargadas de pechar as principais fronteiras do seu país con España, o que incluiría os principais pasos co sur de Galicia, entre eles, o de Tui e Valença, o de Tomiño e Vilanova e Monçao e Salvaterra do Miño.

Ante o gran aumento de casos en todo o territorio español, o Goberno luso quere evitar a mobilidade de persoas entre as dúas fronteiras. Unha medida que afectaría a centos de galegos e de portugueses que traballan a ambos lados da raia.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...