Feijóo sobre a chegada de madrileños á costa galega: “Non debemos estigmatizalos”

Evita pronunciarse sobre a continuidade do traballo en Citröen.

De paseo pola praia de Samil / @Miguel Núñez

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, saíu este domingo en defensa dos numerosos madrileños que nos últimos días se desprazaron á Galicia, a pesar da ameaza do coronavirus. “Eles non son os reponsables”, dixo.

Así, e tras a videoconferencia entre Sánchez e os presidentes autonómicos, nos que se abordou esta cuestión xa que é un problema que afecta a outras autonomías, Sánchez dixo que estas persoas poden volver a Madrid ou permanecer neses territorios, pero sempre e cando cumplan coas medidas estrablecidas de illamento nos domicilios.

Todo isto é novo e ata hai pouco non había instrucións claras e houbo cidadáns que saíron dos seus domicilios para viaxar pero eles non son os responsables”, dixo Feijóo. “Non debemos estigmatizar a esta xente nin a ningúen que estea en Galicia aínda que non resida aquí”, destacou. “Debemos darlles información para que volvan ás súas casas ou permanzan aquí confinados como o resto”, engadiu.

Por outra banda, Feijóo tamén abordou con Sánchez a necesidade de coordinarse con Portugal. Sobre este punto, o presidente español dixo que tiña previsto falar na tarde deste domingo co seu homólogo portugués para establecer un plan de acción conxunto.

CITRÖEN

Por outra banda, o presidente da Xunta referiuse á situación de Citröen e as súas auxiliares que manteñen abertas as quendas de traballo, a pesar das queixas dalgúns dos operarios tal e como publicou Xornal de Vigo. “O Goberno central xa publicou no BOE os centros que poden ou non estar traballar e os que non aparezan no anexo non están obrigados a facelo. Estas empresas poden tomar decisións sobre porcentaxes de plantilla que poidan ir traballar e as autoridades autonómicas podemos informar só deste decreto lei”, limitouse a responder asumindo como propio este decreto.

3 COMENTARIOS

  1. Sí son responsables, desplazándose han extendido el virus.Los primeros casos que se fixeron en Galicia eran importados , y para más inri, llegan aquí y se van de chiringuitos y paseos por la playa.Han sido egoístas, incivicos e irresponsables

  2. Mentira señor Feijóo recomendaron quedar nas casas i ele fixeron o que lles saiu das narices, claro son de Madrid o resto de España e o seu cortello. Eu os multaba por irresponsables, a culpa e deles e sua tamén por permitir a situación. Cobarde!!

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here