InicioSociedadeMurcia decreta o confinamento de madrileños nas zonas turísticas e Compromís pide...

Murcia decreta o confinamento de madrileños nas zonas turísticas e Compromís pide o mesmo en Valencia

PUBLICADO O

“Decidín decretar o confinamento de todas as zonas turísticas da Región de Murcia; non hai máis opción, desde este momento non existe liberdade de movemento”. Foi o anuncio que fixo este venres o presidente murciano, Fernando López Miras, nunha comparecencia urxente.

O confinamento, segundo dixo, durará polo menos 14 días, e afecta aos municipios de Aguilas, San Pedro, San Javier, Los Alcázares, Cartagena, Mazarrón e La Unión. O anuncio, pendente de publicarse no Boletín Oficial da Comunidade, ordena a restrición de todos os desprazamentos agaś os estritamente laborais, asistenciais, de emerxencia ou aprovisionamento de comida e produtos farmacéuticos.

O Goberno murciano tamén ordenou o peche dos locais de lecer e todas os talleres de turismo. “ É vergoñoso comprobar como ao longo do día de hoxe os talleres de turismo estaban colapsados solicitando información”, recriminou o presidente murciano.

Lólpez Miras, do PP, que goberna a rexión murciana co apoio de Cs e Vox, dixo que contaba co apoio dos concellos para tomar esta medida tras a chegada masiva de xente procedente de Madrid, que é o principal foco de coronavirus en España.

A decisión de confinar varios municipios murcianos prodúcese unhas horas despois de que se soubese que un home de 88 anos procedente de Madrid fora ingresado na UCI por coronavirus noun hospital murciano. O paciente comezou a mostrar os primeiros síntomas na capital e, a pesar de que o persoal sanitario madrileño instoulle a permanecer no seu domicilio decidiu dirixirse á Región de Murcia.

VALENCIA

Tamén en Valencia se queixan da chegada masiva de madrileños. Tras reclamar o peche da liña de AVE entre a capital de España e Valencia, Compromís, que ten presenza no goberno valenciano, avoga agora por medidas como o confinamento da poboación madrileña.

Respecto diso, o senador da formación nacionalista, Carles Mulet, esixiu medidas de confinamento “especialmente en Madrid ante a insensatez” dos desprazamentos de persoas procedentes da capital á costa valenciana pola pandemia do coronavirus.

Nun comunicado, Mulet advertiu que en boa parte das localidades costeiras turísticas con segundas residencias “disparouse a presenza de persoas procedentes de Madrid durante as últimas horas, algo que soamente pode ser cualificado de insensatez”..

“Obviamente, ser de Madrid non significa estar infectado, pero ante a gravidade da situación, tomalo como unhas vacacións cando se piden evitar os movementos é unha tremenda irresponsabilidade que pode contribuír, e moito, a propagar o virus e xerar situacións de crispación social”, aseverou.

GALICIA

Tamén en Galicia, tal e como publicou Xornal de Vigo, se rexistraron nos últimos días a chegada de persoas procedentes de Madrid con segundas residencias nas zonas costeiras das rías Baixas, principalmente, a costa do Val Miñor, O Morrazo e zonas do Grove, Portonovo e Sanxenxo.

CRÍTICAS

Con todo, non son poucos os madrileños que critican en redes sociais as medidas adoptadas en determinadas zonas, así como o “sinalamento” da xente procedente da capital. Algúns mesmo din que non hai un “fluxo masivo” cara a zonas costeiras, senón que os movementos son “os mesmos que outras fins de semana”.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...