InicioSociedadeUn posible terceiro caso de coronavirus en Vigo

Un posible terceiro caso de coronavirus en Vigo

Está relacionado "co brote familiar" que afecta a unha muller de 47 anos en Vigo, a súa parella de 43 anos e ao fillo dela, menor de idade.

PUBLICADO O

Dous novos posibles casos de Covid-19 están pendentes de confirmación na comunidade galega. Un deles está localizado en Vigo e outro na Coruña, segundo informou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, este sábado en declaracións ante os medios.

Un dos casos está relacionado “co brote familiar” que afecta a unha muller de 47 anos en Vigo, a súa parella de 43 anos e ao fillo dela, menor de idade.

O caso da Coruña “non está relacionado” co paciente ingresado no CHUAC ao que se lle diagnosticou o primeiro caso de coronavirus en Galicia o pasado luns, explicou Sanidade.

Agora, estes dous novos posibles diagnósticos analizaranse no Centro Nacional de Microbioloxía de Majadahonda e alí ratificaranse as probas realizadas en Galicia.

En todo caso, Sanidade insiste en que o virus “non está en Galicia” e envía unha mensaxe de “tranquilidade” á cidadanía, xa que Galicia se atopa en “unha fase de contención” desta enfermidade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...