InicioSociedadeDenuncian recortes no servizo de limpeza no Centro de Atención a Persoas...

Denuncian recortes no servizo de limpeza no Centro de Atención a Persoas Maiores de Teis

Demandan que se restauren as condicións que se viñan dando ata o 31 de decembro de 2019.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Centro de Día Vigo-Teis (Atalaia), xestionado polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (Xunta de Galicia) empezou o ano 2020 sen o servizo de limpeza externa que viña tendo desde a súa posta en marcha no ano 2008. O servizo de limpeza axudaba a manter o centro en condicións adecuadas. Era realizado nas horas en que o centro permanece pechado ás persoas usuarias.

Desde o 2 de xaneiro, “as tarefas foron asignadas a persoal de atención directa ás persoas maiores que son usuarias do centro de día. Isto supón unha sobrecarga laboral considerable e que a limpeza teña que ser realizada en momentos inadecuados, nos que se está facendo uso das instalacións”, sinalan as traballadoras do persoal de limpeza. Ademais  “non permite garantir as condicións hixiénico-sanitarias e de seguridade  para usuarios e traballadores”, engaden.

“É inviable atender persoas con necesidades especiais e ao mesmo tempo estar fregando suelos, cuartos de baño ou sacar o lixo ao contenedor”, lamenta o persoal. Desta maneira, demandan que se restauren as condicións que se viñan dando ata o 31 de decembro de 2019.

ÚLTIMAS

Detido por tratar de roubar un móbil nunha tenda

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un home, de Senegal...

Detido en Vigo un mozo tras increpar á irmá da súa expareja para tratar de acceder á súa vivenda

Un mozo, de Colombia e 25 anos de idade, foi detido na tarde do...

Abel Caballero chama ao aforro de auga en Vigo ante a caída das reservas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou medidas ante a caída das reservas hídricas...

O mosaico romano de Panxón quedará exposto na biblioteca municipal de Nigrán

O mosaico romano de Panxón quedará exposto de forma definitiva na biblioteca municipal de...