InicioSociedade'I like Vigo': pola ruta invisible da cidade

‘I like Vigo’: pola ruta invisible da cidade

Alumnos de segundo do grupo de integración do colexio San José da Guía fan un percorrido polo Vigo invisible e esquecido, onde habitan os 'sen teito'.

PUBLICADO O

Existe na cidade unha ruta que non aparece naquel innovador rueiro nun mapa de cores amables e anuncios pastel, ‘I like Vigo’. Ese Vigo que se move. Aquel que recibía os cruceiristas ao pisar a cidade ou que calquera podía atopar nos locais da zona vella ou na oficina de turismo.

Hai unha ruta á que non acceden nin parece que queiran acceder os cidadáns de aquí. Os de toda a vida. Unha ruta que, ao contrario que o slogan, permanece inmóbil, ás escuras, semisomerxida nas cloacas da cidade da luz. Esa ruta tamén é autentica. Existe.

Esta é a ruta invisible… E é a que seguiron como actividade complementaria aos seus estudos os alumnos de segundo do grupo de integración do colexio San José da Guía de mans do seu profesor do módulo de mediacion comunitaria Diego Lores, quen lles propón o achegamento a un grave problema que “non existe ” ao parecer.

Para iso, visitaron “a Nave”, un non lugar, espazo ao que derivaron algúns dos antigos habitantes do desaparecido Barrio do Cura e que agora, sen mais remedio habitan ou transitan este limbo ao que eles chaman “Nave”. Un lugar do que tamén os queren expulsar. Pero, a onde? Quizáis ao hiperespazo ou ao horizonte de sucesos, ao bordo dalgún buraco negro, máis afastado, aínda máis invisible.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...