InicioSociedadeAudasa defende o pago da peaxe en Rande durante as obras e...

Audasa defende o pago da peaxe en Rande durante as obras e di que “só houbo atrasos de 1 ou 2 minutos”

Di que estudará presentar un recurso ante a sentenza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Audasa decidirá “nos próximos días” se recorre a sentenza ditada polo Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra e que insta á concesionaria a devolver as peaxes cobradas aos usuarios durante as 81 incidencias de tráfico rexistradas polas obras da Ponte de Rande.

Así o informaron este martes fontes da compañía, que, no entanto, destacou que a sentenza desestima as pretensións do Ministerio Fiscal á hora de reclamar unha indemnización por danos e prexuízos por estes feitos, á vez que explica que as repercusións no tráfico destas intervencións foron “mínimas”.

Nun comunicado, a concesionaria explica que a sentenza establece que a execución destas obras “non xerou demoras superiores a 1 ou 2 minutos na case totalidade do tempo no que se prolongaron” e, con iso, non implicaron “unha falta de cumprimento das obrigacións da concesionaria”.

Con iso, o xuíz sinala, explica Audasa, que o tempo de incidencias é “inferior ao 0,3% do suxerido pola Fiscalía” e “céntraas exclusivamente nun tramo de menos de 3 quilómetros de lonxitude”.

A ampliación de 4 a 6 carrís da ponte de Rande, “non obedeceu a ningún capricho banal de Audasa nin do entón Ministerio de Fomento”, se non que “veu motivada pola necesidade de adaptar o tramo da AP-9 ás circunstancias actuais do trafico rodado que circula por esa ruta”, detalla Audasa.

O fallo lembra tamén que o índice de sinistralidade no tramo afectado “reduciuse nun 30% en relación co ocorrido nos anos inmediatamente anteriores e as condicións de seguridade non se viron reducidas, senón ao revés“, destaca Audasa.

En canto á reclamación de indemnizacións por danos e prexuízos, rexeitada na sentenza salvo casos particulares dalgúns usuarios concretos “que poidan acreditar sufrilos”, Audasa lembra que a sala o descarta “xa que non se demostrou no proceso que ningunha das incidencias causase demoras superiores a 17 minutos e “a maior parte delas xerou atrasos bastante inferiores”.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...