InicioSociedadeOs dous menores que quedaron orfos na explosión de Tui reciben a...

Os dous menores que quedaron orfos na explosión de Tui reciben a alta médica aínda coa tutela pública da Xunta

PUBLICADO O

A Xunta de Galicia mantén a tutela pública dos dous menores orfos após morrer os seus pais por mor da explosión de material pirotécnico rexistrada a semana pasada no municipio de Tui. Así o confirmaron a Europa Press fontes da Administración galega, que concretaron que a Consellería de Política Social “segue facendo un seguimento do caso” destes dous menores.

Os dous menores, que resultaron feridos por mor da explosión, recibiron o alta hospitalaria na tarde deste xoves no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo no que estiveron ingresados, segundo ratificaron fontes sanitarias.

O matrimonio de orixe marroquí que faleceu como consecuencia da explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico na parroquia de Paramos, en Tui, levaba máis de 10 anos afincado neste municipio pontevedrés.

Efectos da explosión da pirotécnica de Tui / Miguel Núñez

A parella, cuxos corpos foron localizados o pasado mércores 23 de maio e xoves 24 sepultos polos cascallos da súa vivenda, deixa a dous fillos menores, un de 13 anos e estudante de primeiro da ESO, e outro de oito anos de idade.

PROTOCOLOS HABITUAIS

Após a explosión a Xunta activou os protocolos habituais. Así, mentres os dous menores permaneceron hospitalizados no Álvaro Cunqueiro, a tutela exerceuna de oficio o xerente do hospital, á espera de que o equipo de técnicos tamén analizase a contorna familiar para determinar o futuro dos nenos.

Unha vez que recibiron o alta hospitalaria no HAC na tarde deste xoves 31 de maio, a Xunta mantén a tutela pública dos dous menores.

ÚLTIMAS

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...