InicioSociedadeAxuda a máis de 20.000 persoas vulnerables da provincia de Pontevedra

Axuda a máis de 20.000 persoas vulnerables da provincia de Pontevedra

Banco de Alimentos de Vigo alerta de que se reduciron produtos moi demandados como leite, aceite, galletas e conserva.

PUBLICADO O

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu case 1,78 millóns de quilos de comida en 2019 e atendeu a 20.000 persoas vulnerables da provincia de Pontevedra a través de 150 entidades homologadas coas que traballa.

Tal e como trasladou nun comunicado a fundación, a cifra de alimentos entregados o ano pasado foi similar á rexistrada en 2018, cando se repartiron máis de 1,76 millóns de quilos de comida.

En concreto, durante o ano pasado fíxose entrega de máis de 538.000 litros de leite, case de 217.00 quilos de pasta e arroz e uns 104.000 litros de aceite. Ademais, repartíronse máis de 92.529 quilos de conservas vexetais e máis 75.323 de galletas, entre outros alimentos. Ademais, o Banco de Alimentos trasladou uns 200.000 quilos de alimentos a máis de 5.000 persoas mediante os colectivos sociais cos que colabora durante o ano 2019.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Así mesmo, o último fin de semana de febreiro, a entidade renovará as operacións de recollida de alimentos que habitualmente leva a cabo en distintas superficies comerciais dado que as reservas dos produtos máis demandados, comosAlcanza os 1,8 millóns de quilos de comida repartidos nun anoO  Precisamente, a última Operación Quilo que o Banco de Alimentos levou a cabo durante o 22 e o 23 de novembro permitiu recadar 315.000 quilos de comida.

A fundación, que este ano cumpre o 25 aniversario do inicio da súa actividade, busca garantir o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable dun modo gratuíto e estima que cobre o 35 por cento das necesidades das persoas ás que atende.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...