O xornalista portugués Ruben Martins atopou os gazapos consultando a última publicación editorial de RENFE.
No mapa das liñas da compañía de ferrocarrís sitúa a estación de Vigo Guixar en plena Serra de Peneda Gerês.
Pero o caso de Vigo non é a única localidade mal situada no mapa, onde A Coruña figura en Curtis, Ferrol en Vilalba e Pontevedra podemos situalo na Cañiza.
A noticia fíxose viral no país veciño e numerosos medios de comunicación fíxeronse eco desta adesión, así como dos gazapos da parte portuguesa onde O Porto Aparece situado en Viseu e Lisboa en Santarém.
Renfe xa se disculpou na xornada de hoxe e achacou o erro a un desprazamento do esquema de liñas sobre a capa do mapa, ao momento de realizar a maquetación.