InicioSociedade(Fotos) Vigo érguese contra a violencia machista tras o crime de Lugo

(Fotos) Vigo érguese contra a violencia machista tras o crime de Lugo

A cidade de Vigo acolleu este luns unha concentración en repulsa polo asasinato machista acontecido en Lugo.

PUBLICADO O

As cidades galegas volveron saír á rúa na xornada deste luns para expresar o seu rexeitamento á violencia de xénero logo de terse producido un novo crime machista no país, desta vez, na cidade de Lugo. Ao berro de ‘Se tocan a unha, tócannos a todas’, un cento de persoas concentráronse diante do Marco para esixir a fin desta lacra social.

SEGUNDO ASASINATO MACHISTA EN MENOS DUN MES

crime das Gándaras (Lugo), no que se atopou o cadáver dunha muller con feridas de arma branca, supón o segundo asasinato machista na provincia de Lugo no que vai de ano. Así o confirmou de maneira oficial a Subdelegación do Goberno. O primeiro caso producírase nunha parroquia da Pastoriza, onde un ancián matou a súa muller, de 79 anos, para logo suicidarse ao tirarse pola fiestra.

O home detido o pasado sábado como investigado polo homicidio da súa parella en Lugo pasou a disposición xudicial este martes, día 11 de febreiro. En repulsa contra o asasinato, o goberno local vén de aprobar unha declaración institucional e as principais cidades galegas acolleron manifestacións e concentracións para berrar, unha vez máis, non á violencia machista.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...