InicioSociedadePensionistas de CC.OO. e UGT protestan contra a "falta de prazas públicas"...

Pensionistas de CC.OO. e UGT protestan contra a “falta de prazas públicas” en residencias de Vigo e a contorna

Piden solucións para a "lamentable" situación da Lei de Dependencia na cidade e na súa comarca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pensionistas de CC.OO. e UGT concentráronse este mércores fronte á delegación territorial da Xunta en Vigo en protesta pola falta de resposta ao documento entregado o pasado 18 de decembro, no que expuñan as necesidades deste colectivo e pedían solución á “lamentable” situación da Lei de Dependencia na cidade e na súa comarca.

Segundo explicou o portavoz de Pensionistas de UGT, Juan Francisco Fontenla, a Xunta prometeu dar resposta ás súas demandas antes de final de xaneiro, e non só non contestou, senón que non expuxo solucións aos problemas denunciados.

Perico Ucha, de CC.OO., lembrou que na cidade de Vigo hai unha “deficiencia tremenda” de prazas públicas, sobre todo para maiores con graos altos de dependencia, por iso recalcou que a súa principal reivindicación é que se cren polo menos 400 prazas nestes centros, e que se reverta a política de “favorecer ao sector privado como provedor de prazas de residencias de maiores”.

Os sindicatos de pensionistas tamén esixen un plan para acabar coas listas de espera dos solicitantes de axudas da Lei de Dependencia, para que estes poidan exercer os seus dereitos sen estar condicionados pola “ineficacia” da administración autonómica, e para que non se dean casos de persoas con dereito a axuda recoñecido que falecen á espera de recibila.

Así mesmo, reclaman que se mellore o servizo de inspección das residencias de maiores, tanto públicas como privadas, para que dean un adecuado nivel de atención médica e de benestar, con profesionais en boas condicións laborais; e, finalmente, pediron que se poña en marcha o Consello Galego de Persoas Maiores, como instrumento de colaboración e consulta.

Ucha e Fontenla denunciaron que hai anos que non se constrúen residencias públicas de maiores en Vigo, e que as achegas para a Lei de Dependencia tamén foron recortadas polo Goberno central. “O PP manda mensaxes de que as cousas van ben, pero non é certo. Que non nos veñan contando películas”, recalcou o portavoz de CC.OO., quen sinalou que, aínda que se aumentan as dotacións para servizos “de menor custo” como teleasistencia ou axuda a domicilio, non se incrementan para residencias.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...