InicioSociedadeEstes son os motivos polos que os novos radares da DGT inmobilizaron...

Estes son os motivos polos que os novos radares da DGT inmobilizaron 3574 coches en 6 dias.

PUBLICADO O

A DGT puxo en marcha dende o pasado día 20 até o 26 de xaneiro, unha campaña especial para revisar o correcto estado dos vehículos que circulan polas estradas do país.

Para esta tarefa a DGT puxo en funcionamento 30 novos radares encargados de revisar, de xeito automático, se os coches en circulación tiñan ou non a ITV en regra.

O resultado deses 6 días de campaña aflorou un total de 3.574 vehículos inmovilizados con sancións que oscilan entre os 200 e os 500 euros.

A DGT dispón de 30 novos radares para o control do estado dos vehículos.

Os motivos polos que poden inmobilizar o teu coche.

  • Sen silliña infantil. Inmobilizarase o coche se leva a un cativo e non se dispón de silliña.
  • Alcol ou drogas. Se un condutor/a inxeriu alcol ou drogas e ningún outro acompañante está en condicións de poñerse ao volante.
  • Sen casco. Cando o condutor ou o pasaxeiro dunha moto ou un ciclomotor non dispoñan de casco. Esta medida non se aplicará aos ciclistas sen casco.
  • Sen autorización. Cando o vehículo careza de autorización administrativa para circular.
  • Sen seguro. Se se comproba que non dispón de póliza en vigor. Deficiencias do coche. Se presenta anomalías que constitúen un risco especialmente grave para os demais: se circula sen faros, sen sistema de freado, con golpes visiblemente graves, ou ben ten a ITV negativa.
  • Exceso tempos de condución. O incumprimento dos tempos de condución e descanso dos condutores profesionais.
  • Vehículos sobrecargados. Cando exista unha ocupación excesiva: máis do 50% do número de prazas autorizadas, excluída a do condutor; é dicir, se nun turismo habilitado para 5 prazas viaxan 8 ou máis.
  • Emisións. Cando o vehículo supere os niveis de gases, fumes e ruído permitidos en cada caso.
  • Manipulación dispositivos de control. Cando existan indicios racionais que poñan de manifesto a posible manipulación nos instrumentos de control, como pode ser o tacógrafo e o limitador de velocidade aos que están sometidos algúns vehículos de transporte.
  • Antiradares. Se se comproba que o vehículo está dotado de mecanismos ou sistemas encamiñados a eludir a vixilancia dos axentes de Tráfico e dos medios de control a través de captación de imaxes ( inhibidores ou detectores de radares).

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...