InicioSociedadeAnimalistas critican o estado dun "pseudozoo" en Salvaterra onde os animais "conviven...

Animalistas critican o estado dun “pseudozoo” en Salvaterra onde os animais “conviven coas súas feces”

Denuncian que estas instalacións "non superarían ningunha inspección sobre parques zoolóxicos".

PUBLICADO O

A Asociación Animalista Libera criticou este domingo o estado dun “pseudozoo” do interior do Parque da Canuda, dependente do concello de Salvaterra do Miño (Pontevedra), onde os animais “conviven coas súas propias feces”.

Os animalistas recalcaron que estas instalacións “non superarían ningunha inspección sobre parques zoolóxicos” e sinalaron que “non é a primeira vez” que a situación dos animais e gaiolas “son motivo de preocupación cidadá”.

Nesta liña, os defensores dos animais indicaron que “é habitual” que persoas que visiten o parque “remitan imaxes á ONG sobre a falta de limpeza ou a propia calidade dos espazos”.

Así mesmo, a organización reprochou ao Concello que continúen tendo esta instalación que “non achega nada positivo” e que “só serve para ver animais como porcos, ovellas ou diferentes especies de aves nun contexto de catividade extrema”.

Ademais, considera “surrealista” que o recinto perviva “no marco dunha lexislación europea que cada vez esixe maiores estándares de benestar animal”, á vez que destacaron que a normativa sobre sanidade e benestar animal en explotacións gandeiras “esixe maiores criterios de protección para porcos e ovellas” dos que “parece prestarse neste parque público e gratuíto”.

A asociación tamén explicou que a finais de 2019 solicitaron unha inspección formal das instalacións onde detectaron “diferentes carencias” e que, ante esta “reincidencia”, van pedir a súa clausura e “ofrecen a súa experiencia para posibles traslados dos animais a santuarios que lles poidan dar unha vida moito máis digna”.

ÚLTIMAS

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

Gonzalo Caballero proposto polo PSOE de Vigo como candidato galego ás europeas

A asemblea do Partido Socialista de Vigo propuxo ao que fora secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero,...

Stellantis Vigo espera que o Perte se resolva “a final de mes”

O director da planta viguesa do grupo automobilístico Stellantis, Ignacio Bueno, ve "difícil" superar...

Claudio Giráldez renova como adestrador do Celta ata xuño de 2025

O adestrador galego Claudio Giráldez renovou este xoves o seu contrato como técnico do RC...