InicioSociedadeDenuncian que traballadores das garderías de Pontevedra tiveron que facer de "axentes...

Denuncian que traballadores das garderías de Pontevedra tiveron que facer de “axentes de propaganda” de Feijóo

Traballadores da Consellería de Política Social din que recibiron ordes de ensobrar cartas e fotos do presidente galego no Nadal.

PUBLICADO O

O Comité da Consellería de Política Social de Pontevedra denuncia que o pasado mes de Nadal, e por indicación da dirección deste departamento, traballadores de escolas infantís foron obrigados a facer “propaganda e publicidade” da Xunta e de Feijóo. “Manifestamonos en contra destas prácticas impresentables e da utilización do diñeiro público para intereses partidistas”, di.

A través dun comunicado, o comité denuncia que o pasado mes de Nadal estiveron pasando polas escolas infantís do Consorcio e mais da consellaría, fotógrafos profesionais para facer fotos de cada unha das crianzas matriculadas en todos os centros do país. “Un traballo que se fixo sen ter consideración as necesidades das meniñas e meniños e interrumpindo o seu ritmo diario”, indica.

O obxecto das fotos, segundo a Consellaría de Política Social, era “agasallar as familias cunha felicitación de Nadal“. Un agasallo que, viña, ademais, “acompañado dunha carta do señor Feijoo a cada familia”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Interceptado un mergullador sen os equipos obrigatorios e sen licenza de pesca

A Policía Local interceptou o pasado martes en Vigo a un mergullador que non...