InicioSociedadeA Universidade de Vigo, única institución de España que participou na secuenciación...

A Universidade de Vigo, única institución de España que participou na secuenciación do xenoma da lura xigante

A investigadora portuguesa Sara Rocha, do Laboratorio de Filoxenómica da UVigo, participou no estudo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo, por medio da investigadora portuguesa Sara Rocha, do Laboratorio de Filoxenómica, foi a única universidade ou centro investigador de España integrado no equipo de científicos que logrou secuenciar o xenoma da lura xigante ou ‘kraken’.

Rocha sumouse hai uns meses, da man da investigadora (tamén lusa) Rute Fonseca, da Universidade de Copenhague, a un estudo no que participaron decenas de expertos de 35 institucións de varios países. Xunta a ela traballou tamén na UVigo a bióloga portuguesa Alvarina Couto.

Este equipo logrou secuenciar o xenoma da lura xigante, e o seu traballo acaba de ser publicado na revista GigaScience. Trátase dunha investigación que foi desenvolvida ao longo de varios anos, debido aos problemas coas mostras, que proceden de tecido morto e co ADN bastante degradado.

Con todo, estes investigadores conseguiron obter un xenoma de excelente calidade procedente dunha única lura localizada en Nova Zelandia, grazas ao uso de moitas tecnoloxías de secuenciación diferentes, e puideron comparalo cos demais xenomas de cefalópodos, outros invertebrados e vertebrados.

Segundo destacou a propia Sara Rocha, o xenoma é “como unha especie de manual de instrucións dun organismo”, polo que o valor da secuenciación do xenoma da lura xigante “é incalculable”. Eses datos, ademais, serán tamén valiosos para outros científicos.

Entre a información que se puido obter está a enorme cantidade de protocadherinas (un tipo de proteínas das que a lura xigante e o polbo teñen o dobre que os mamíferos, e tres veces máis que outros moluscos) ou que os xenes HOX (responsables dun desenvolvemento correcto do plano corporal) están máis distantes entre si que noutros animais, excepto o polbo.

Ao longo de seis meses, Sara Rocha e Alvarina Couto dedicáronse á produción de aliñamentos de miles de clústeres de xenes, entre a lura e outros animais, un traballo que foi posible grazas a unha gran capacidade computacional e co apoto do Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Sara Rocha, investigadora do Laboratorio de Filogenómica da Universidade de Vigo, e membro do equipo científico que logrou secuenciar o xenoma da lura xigante / Universidade de Vigo.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...