InicioVigo e contornaO PorriñoBuscan un veciño do Porriño de 47 anos desaparecido desde o 4...

Buscan un veciño do Porriño de 47 anos desaparecido desde o 4 de xaneiro

Non se sabe nada del desde que saíu do seu traballo nun negocio de panadaría.

PUBLICADO O

A familia dun veciño do Porriño, Francisco Germán Sánchez Sueiro, presentou unha denuncia pola súa desaparición, xa que non volveron a saber nada del desde que, o pasado 4 de xaneiro, saíu do seu traballo nun negocio de panadaría.

Este home, de 47 anos de idade, 1,75 metros de estatura, pelo castaño curto e complexión forte, é de Vigo aínda que vive e traballa no Porriño. O último que se soubo del é que o pasado 4 de xaneiro quedara cuns amigos ao saír de traballar, pero non chegou a presentarse á cita.

Os seus achegados non lle deron importancia nun primeiro momento, e deduciron que se atopaba canso, xa que traballaba de noite, pero dous días despois, ao seguir sen noticias, foron buscalo á súa casa e descubriron que non estaba, dando a voz de alarma.

Fontes familiares  informaron de que presentaron denuncia ante a Garda Civil e confirmaron que Francisco Germán vive só, que nunca antes se ausentou sen avisar, e que non ten problemas de saúde.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...