InicioSociedadeA Cabalgata de Reis de Vigo contará con 13 carrozas e repartiranse...

A Cabalgata de Reis de Vigo contará con 13 carrozas e repartiranse 4 toneladas de caramelos

Comezará na rotonda de Isaac Peral e finalizará en Pi e Margall, e non en Porta do Sol, como é tradicional.

PUBLICADO O

O Concello de Vigo ultima os preparativos para a gran Cabalgata de Reis, que percorrerá o centro da cidade este domingo, a partir das 18,00 horas, e que contará con 13 carrozas ambientadas nos contos infantís e nos personaxes de contos.

Segundo explicou este xoves o alcalde, Abel Caballero (que supervisou a montaxe das carrozas no Instituto Feiral de Vigo), a comitiva repartirá 4.000 quilos de caramelos sen glute e sen azucre, e alongará o seu percorrido, de modo que empezará na rotonda de Isaac Peral e finalizará en Pi y Margall, e non en Porta do Sol, como é tradicional.

O domingo á primeira hora da mañá porase en marcha o dispositivo especial de tráfico, de modo que un dos carrís de circulación quedará xa pechado e non se permitirá o aparcadoiro en todo o percorrido da Cabalgata. A partir das 15,00 horas cortarase a circulación entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral e, partir das 17,00 horas, quedará pechado ao tráfico todo o percorrido.

Os Reis chegarán á cidade á primeira hora da mañá e, desde as 10,00 horas, estarán a visitar aos nenos ingresados en hospitais e centros asistenciais. Sobre as 12,00 horas participarán nunha recepción no auditorio municipal. Como cada ano, As súas Maxestades gardan parecido con persoas ilustres e, nesta ocasión, os seus rostros lembrarán ao representante veciñal Raúl Fontán, ao escritor Antonio García Teijeiro e ao activista Ibramina Niang; do mesmo xeito, a Carteira Real terá gran parecido coa escritora Ledicia Costas.

Ademais das tres carrozas dos Reis, a Carteira Real terá tamén a súa carroza, así como a Policía Local (que tamén participará cos seus xinetes e a súa unidade de motos), e haberá carrozas de 8 empresas e entidades, ás que se sumarán 3 autobuses e varios grupos de animación.

DISPOSITIVO DE SEGURIDADE

O dispositivo de seguridade para a Cabalgata de Vigo estará formado por 450 persoas, segundo explicou o rexedor, entre axentes de Policía Local (90 efectivos), voluntarios, membros de Protección Civil e outros efectivos de emerxencias.

Ao longo do percorrido da comitiva ‘real’, estableceranse catro postos de emerxencia (na zona de Santiago de Vigo, no cruzamento de Colón e Urzáiz, á altura da rúa Miragaia e en Doutor Cadaval), dous postos para nenos perdidos, e unha plataforma elevada para facilitar que as persoas con mobilidade reducida poidan gozar da Cabalgata.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...

Abel Caballero ve no novo expediente da UE “a gran ocasión” para lograr a gratuidade total da AP-9

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ve o novo expediente de infracción que a UE...