InicioSociedadeOs mozos menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público

Os mozos menores de 21 anos poderán viaxar gratis no transporte público

A Xunta puxo en marcha a 'Tarxeta Xente Nova' no marco do Plan de Transporte Público de Galicia.

PUBLICADO O

O Goberno galego analizou este xoves un informe sobre a extensión da gratuidade do transporte público aos menores de 21 anos co uso da ‘Tarxeta Xente Nova’, no marco do Plan de Transporte Público de Galicia.

Segundo destacou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, o Goberno ampliará o rango da idade dos usuarios deste dispositivo co que poden viaxar gratis no transporte interurbano. A medida aplicarase a partir do próximo 1 de xaneiro de 2020 e afectará os galegos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos. Ata agora limitábase ata os 18 anos de idade.

Para materializar esta extensión, a Xunta destinará en 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros, o que suporía un incremento de máis do 52 por cento na bonificación, posto que en 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns. Os usuarios de ‘Xente Nova’ poderán realizar gratuitamente un total de 60 viaxes ao mes. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...