InicioSociedade(Vídeo) Un mozo de 20 anos tenta salvar a vida en Vigo...

(Vídeo) Un mozo de 20 anos tenta salvar a vida en Vigo tras ser desauciado polo hospital de Valladolid

O seu pai, Luis Paulet, iniciou unha campaña de crowfunding para tentar volver recuperar ao seu fillo que acaba de saír do coma tras pasar varios meses ao borde da morte.

PUBLICADO O

Un home, Luís Paulet, iniciou unha campaña de ‘crowdfunding’ para custear o tratamento do seu fillo, que sufriu un accidente en Castela e León e está agora ingresado no Hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo, onde recibe un tratamento no servizo de neurorrehabilitación. 

O pai do mozo explicou a Europa Press que o seu fillo de 20 anos sufriu un accidente de tráfico en novembro de 2018 e que, despois de abandonar a Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Clínico de Valladolid, onde se lle practicou unha craneoctomía, os facultativos “non fixeron nada máis por el”.

Posteriormente, indicou que a súa familia tomou a decisión de trasladalo ao centro hospitalario vigués onde, tras unha recente intervención cirúrxica, o mozo recuperou a consciencia despois de varios meses en coma. A familia decidiu trasladarse a Vigo e vender parte das súas pertenzas para financiar o tratamento do seu fillo.

Ademais, o seu pai detallou que iniciou a campaña de recollida de fondos dado que o seu fillo carece de seguro médico e debido a que o do seu automóbil non cobre os gastos do seu tratamento neurorrehabilitador, que supón un custo de máis de 9.000 euros mensuais.

Por este motivo, e co obxectivo de non interromper o tratamento do seu fillo, Luís Paulet decidiu pedir axuda a través da plataforma de ‘crowdfunding’ Gofundme, onde xa acumula doazóns por valor de máis de 2.000 euros.

ÚLTIMAS

Vigo supera de novo os 300.000 habitantes, “de longo a maior cidade de Galicia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a cidade volveu a superar os 300.000 habitantes...

Case nove de cada dez usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes dos 18 anos

Preto do 88% dos usuarios da Asociación Érguete en Vigo comezou a consumir drogas antes...

O BNG de Vigo pide ao Concello a mobilización de 200 millóns de remanentes ante a “ameaza” de bloqueo este ano

O BNG de Vigo urxiu ao goberno local de Vigo que mobilice uns 213...

Abel Caballero celebra a chegada da moi alta tensión eléctrica á cidade: “É o que Stellantis e a cidade quería”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este mércores o anuncio da aprobación no Consello...