Cans ao bordo do sacrificio piden axuda

'Tú eres nuestra ayuda' é un refuxio en Vigo que busca rehabilitar cans para poñelos en adopción.

Can da protectora 'Tú eres nuestra ayuda' / © Miguel Núñez.

En Vigo hai unha asociación que, sen ningunha axuda do Concello, coida de cans que estiveron ao bordo do sacrificio. É ‘Tú eres nuestra ayuda’, unha casa de acollida que se mantén das achegas de cidadáns e da colaboración de voluntarios.

Alí son varios os cans que agardan ser adoptados. Namentres, son coidados polos responsables deste centro e, coa axuda de voluntarios, pasan por procesos de socialización con outros cans e humanos. Son, en moitos casos, cans que padeceron abandono, maltratos ou que foron estigmatizados como animais perigosos simplemente por ser dunha raza catalogada como tal, cando o seu comportamento di todo o contrario deles.

Desde este refuxio piden colaboración cidadá para axudar a estes animais que buscan un fogar. Para isto, un pode participar nos distintos eventos que se organizan, acudir como voluntario para dar paseos cos cans, facer doazóns de materiais como colares antiparasitarios, medicamentos veterinarios, mantas, bolsas de lixo, etc., ou mesmo comprando produtos na páxina Mercayuda.

Tamén se pode facer microdoazóns ou entrar a formar parte do programa de apadriñamento dalgún dos cans, co cal un podo ademais sacalos a pasear a fin de semana (se a saúde e condicións do can o permiten claro), enviando un correo electrónico a tueresnuestraayuda@gmail.com.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here