Os animalistas choran en Vigo a morte da cadela asasinada en Chantada por un cazador

Concentración de PACMA en Vigo © Miguel Nuñez
Concentración de PACMA en Vigo © Miguel Nuñez

Ducias de persoas concentráronse este serán en Vigo para chorar e denunciar o asasinato por parte dun cazador dunha cadela en Chantada que faleceu este mediodía, segundo confirmaron desde a dirección do Hospital Rof Codina de Lugo, onde estaba ingresada.

Desde o centro, explicaron que o seu estado era “moi grave” despois de que o animal, segundo o vídeo do que se fixeron eco distintas organizacións animalistas, recibise un disparo “que lle atravesou dúas extremidades” e que lle realizou, segundo recolle o vídeo, un cazador, que tamén mallou nela.

Logo de coñecerse este caso, o Partido Animalista Pacma lanzou unha petición de firmas para esixir ao novo Goberno un endurecemento do Código Penal nos delitos por malos tratos  animais e convocou en Vigo unha concentración de repulsa “polos terribles feitos” de Chantada e para esixir “xustiza”, engade. O acto celebrouse este martes, ás 20,00 horas, ante o Museo de Arte Contemporánea (MARCO), na rúa do Príncipe.

1 COMENTARIO

  1. Hola, soy de Catalunya, amo y respeto a los Animales.
    He firmado todo lo que he podido para que se haga justicia, de ningún modo podemos dejarlo pasar, no debemos cerrar los ojos a ésta barbaridad.
    A éste SALVAJE hay que castigarlo severamente.
    Nosotros somos su voz y es nuestra obligación cómo seres humanos de defenderles.
    D.e.p.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here