InicioSociedadeA Axencia Tributaria colaborará coa Armada colombiana na detección de narcosubmarinos

A Axencia Tributaria colaborará coa Armada colombiana na detección de narcosubmarinos

Agora despregarán "os medios de localización necesarios" que ata agora, a pesar de telos, non empregaban - cámaras térmicas e radares - para localizar submarinos que poidan levar droga.

PUBLICADO O

A Axencia Tributaria colaborará coa Armada colombiana para aprender dos seus coñecementos na detección de ‘narcosubmarinos’ como o interceptado na ría galega de Aldán con tres toneladas de droga.

Así o destacou o responsable en Galicia da Axencia Tributaria, Jaime Gayá, preguntado sobre que retos supón a localización por primeira vez dun ‘narcosubmarino’ nas costas españolas.

“Ata agora como non se atopou ningún non se puñan medios”, destacou Gayá en relación á operación levada a cabo na última semana. Por iso, agora despregarán “os medios de localización necesarios” que ata agora, a pesar de telos, non empregaban, como cámaras térmicas e radares, para localizar submarinos que poidan levar droga.

Por iso, cambiarán “o protocolo”, explicou Jaimé Gayá, para o que xa están en contacto coa Armada colombiana, co fin de que lles pasen “os seus coñecementos” sobre este tipo de submarinos usados por narcotraficantes.

Como retos, incidiu en “seguir co control marítimo” na loita contra o narcotráfico, no que “non se baixou a garda” e que “é moi bo”, subliñou, xa que se “puido localizar o submarino”, puntualizou. A iso, sumou de maneira paralela continuar coa “loita contra o branqueo de capitais” co fin de “localizar o diñeiro dos clans” da droga.

INSPECCIÓN DO ‘NARCOSUBMARINO’

Gayá, que declinou abordar o contido da investigación por estar baixo segredo de sumario, comentou que en “próximos días”, cando o xulgado poida, levará a cabo unha “inspección en profundidade” do submarino localizado con droga na costa galega.

Con ela, sinalou, poderán pescudar que necesidades de abastecemento tivo e outra información para tratar de determinar os responsables deste alixo intervido, xa que ata a data só “se manexan hipóteses”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Chega aos Play Doc ‘Salvaxe, Salvaxe’ un filme ecoloxista galego premiado en Málaga

O filme galego ‘Salvaxe, Salvaxe’ chega a Galicia este mes de maio, despois de...

Encontrado o cadáver dunha muller dentro dun coche aparcado nun parking de Samil

O cadáver dunha muller foi achado dentro dun coche que estaba aparcado nun parking...