InicioSociedadeUnha moza de Baiona gaña o primeiro premio de danza moderna do...

Unha moza de Baiona gaña o primeiro premio de danza moderna do ‘Xuventude Crea’

Un dúo masculino de Culleredo e unha moza de Ames pechan o pódium co segundo e terceiro posto, respectivamente.

PUBLICADO O

Ana Rodriguez Salgueiro, de Baiona, coa súa obra ‘Exilio’, alzouse co primeiro premio na final da categoría de danzas modernas do programa ‘Xuventude Crea‘ que se celebrou este luns en Santiago e na que o oito finalistas mostraron as súas pezas coreográficas.

Á baionesa seguiulle un dúo de Culleredo composto por Antón López Yanguas e Germán Manuel García Flores, que obtiveron o segundo galardón coa súa peza ‘Mangüeiro’, e Suevia Rojo Moure de Ames, que quedou en terceiro lugar con ‘Fío de prata’.

Os outros cinco participantes que asistiron á final foron Daniel Barros del Río (Vigo) coa súa peza ‘A paixón de Dany’; Iria Varela (Lalín) con ‘Adeus’; Noa Martínez Suárez e Sira Vazquez Veiga (Arteixo) con óbraa ‘Azar’; Cristina Silveira Piñeiro (Ferrol) con ‘Café só’ e Laura Lorenzo Muñoz e Adrián Vieito Rodríguez, tamén de Ferrol, coa peza ‘Camiña comigo’.

A categoría de danzas modernas foi a principal novidade introducida nesta edición do programa que está destinado, principalmente, a “pór en valor a creatividade da xente nova e estimular o seu enxeño e imaxinación”, segundo explica a Xunta nun comunicado.

O ‘Xuventude Crea’ conta con outras 12 modalidades artísticas como son as artes plásticas, o cómic, a cociña, a fotografía, o grafiti, a música, a poesía, o relato breve, a videocreación, o teatro, o deseño de xoias e a moda.

En todas elas, a participación alcanzou este ano os 381 mozos galegos e repartíronse un total de 5.500 euros aos tres premiados de cada categoría.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...