InicioSociedadeA UVigo lidera tres proxectos de investigación en cooperación e desenvolvemento

A UVigo lidera tres proxectos de investigación en cooperación e desenvolvemento

Unha das iniciativas seleccionadas é un proxecto de mediación lingüística de calidade entre ONGD e persoas usuarias.

PUBLICADO O

A Universidade de Vigo liderará tres proxectos de investigación na área de cooperación e desenvolvemento, que contarán con axudas da Xunta de Galicia, de modo que a institución académica viguesa será a primeira por número de proxectos aprobados nesta convocatoria (na que se seleccionaron 14 iniciativas).

Nesta convocatoria de axudas, coa que administración autonómica pretende impulsar grupos de investigación en cooperación e desenvolvemento, Vigo presentou 8 proxectos.

Unha das iniciativas seleccionadas é un proxecto de mediación lingüística de calidade entre ONGD e persoas usuarias, liderado polas investigadoras Maribel do Pozo e Silvia Pérez, e polo investigador David Casado, en cooperación con expertos doutras universidades españolas e portuguesas.

Trátase dun proxecto para “eliminar barreiras lingüísticas e culturais ás que se enfrontan as persoas máis vulnerables“, e no que participan organizacións como Cruz Vermella, Médicos do Mundo, Solidariedade Galega Internacional, Provivienda e Asemblea de Cooperación pola Paz.

A segunda iniciativa elixida ten como finalidade desenvolver instrumentos para a planificación territorial, que se poidan utilizar en países en vías de desenvolvemento, analizando servizos ecosistémicos e potenciais riscos ambientais. Este proxecto será desenvolvido por un grupo de científicos liderado por Gonzalo Méndez, do departamento de Geociencias Mariñas e Ordenación do Territorio.

Finalmente, o terceiro proxecto seleccionado, dirixido por investigadores da Facultade de Filoloxía e Tradución (Fernando Ramallo, Susana Rodríguez e José María García), promove a formación teórica e metodolóxica, elaboración, aplicación e validación de materiais educativos no Programa de Educaçao Bilingüe de Mozambique.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...